jueves, 4 de octubre de 2018

La biblioteca ya está abierta




Empieza un nuevo curso lleno de libros y aventuras y todas ellas las podéis descubrir en nuestra biblioteca.
Este año estará abierta los
lunes, martes y viernes de 11:15 a 12:00

Recordad que para utilizar el préstamo necesitáis tener carnet de socio así que, si queréis, pasaos con una foto tamaño carnet por la biblioteca y os lo daremos en el momento.

¿Empezamos el viaje?


viernes, 23 de marzo de 2018

Gañadora do concurso mulleres na literatura

Estamos moi contentas de anunciar que a gañadora do concurso "Mulleres na literatura" foi:

Nerea Rodríguez Penas

(2º de ESO)


Aquí podedes ver o resultado do sorteo que fixemos coa plataforma Sortea2:


Parabéns á gañadora e a todas e todos os que acertáchedes os nomes destas grandes mulleres do mundo das letras.
Moitas gracias por participar!

jueves, 8 de marzo de 2018

Concurso Mulleres na literatura



Este oito de marzo e para celebrar o Día da muller, o equipo da biblioteca creou un concurso para todos os alumnos que queiran participar e así visibilizar a grandes escritoras de todas as épocas. 
Como vedes na foto, no cartel que colocamos en fronte da biblioteca do primeiro andar, hai unha serie de fotografías de importantes escritoras internacionais. A o seu carón está a lista con todos os nomes. O único que hai que facer é unir nomes e fotos no formulario que podedes atopar na mesiña que está debaixo e meter ese formulario co voso nome e curso na caixa de correo. Doado, verdade? 
E se algúns dos nomes se vos resisten un pouco, sempre podedes consultar en internet.
Xa sabedes quén é quén?
O concurso estará aberto ata o martes 13.
Ánimo e boa sorte!


domingo, 5 de noviembre de 2017

UNHA SEMANA CHEA DE HISTORIAS NA BIBLIOTECA

Con motivo da semana dedicada ao Samaín, todos os nenos e as nenas do colexio tiveron a oportunidade de gozar duns conta-historias moi particulares: os seus compañeiros de Secundaria. 

Durante todos os recreos da semana pasada, a Biblioteca encheuse de historias dos tempos de María Castaña, de contos de meigas, de medo, da Santa Compaña... que foron a ledicia dos máis pequenos e non tan pequenos.

A actividade foi promovida polos equipos da Biblioteca e Dinamización Lingüística, así puidemos escoitar as narracións tanto en galego como en castelán.

Agradecemos a alta participación dos “conta-historias” porque sempre é un pracer observar como o alumnado se implica neste tipo de tarefas a prol da escritura.


Grazas aos autores e tamén aos oíntes.






jueves, 5 de octubre de 2017

Abrimos as portas de novo!

Ola a todos os lectores e lectoras do centro!
Levamos unhas semanas de curso nas que o equipo da biblioteca estivo pensando e pensando sen descanso en novas ideas e proxectos para este ano que comeza e a verdade é que temos xa algunhas cousiñas en mente. Xa vos iremos informando de todas as novidades.
Polo de agora contámosvos que a biblioteca abre as súas portas dende a próxima semana no horario que tendes a continuación:

Luns de 11:15 a 11:45
Martes de 11:30 a 12:00
Xoves de 11:45 a 12:10

Agardámosvos!

Este ano, se queredes levar libros para a casa, tendes que ter o carné de lector. Conseguilo é moi doado: só necesitades unha foto e pasarvos sola biblioteca para solicitalo.

miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS


     Dende a biblioteca queremos lembrar que, á marxe de tódolos festexos que poden ter lugar no día de hoxe, o máis importante é LER.

sábado, 6 de mayo de 2017

CONCURSO DE POESÍA

          Os mostramos una selección de los mejores poemas presentados al concurso de poesía. A partir de esta semana, los poemas de todos los participantes estarán expuestos en la biblioteca .