jueves, 5 de octubre de 2017

Abrimos as portas de novo!

Ola a todos os lectores e lectoras do centro!
Levamos unhas semanas de curso nas que o equipo da biblioteca estivo pensando e pensando sen descanso en novas ideas e proxectos para este ano que comeza e a verdade é que temos xa algunhas cousiñas en mente. Xa vos iremos informando de todas as novidades.
Polo de agora contámosvos que a biblioteca abre as súas portas dende a próxima semana no horario que tendes a continuación:

Luns de 11:15 a 11:45
Martes de 11:30 a 12:00
Xoves de 11:45 a 12:10

Agardámosvos!

Este ano, se queredes levar libros para a casa, tendes que ter o carné de lector. Conseguilo é moi doado: só necesitades unha foto e pasarvos sola biblioteca para solicitalo.