domingo, 5 de noviembre de 2017

UNHA SEMANA CHEA DE HISTORIAS NA BIBLIOTECA

Con motivo da semana dedicada ao Samaín, todos os nenos e as nenas do colexio tiveron a oportunidade de gozar duns conta-historias moi particulares: os seus compañeiros de Secundaria. 

Durante todos os recreos da semana pasada, a Biblioteca encheuse de historias dos tempos de María Castaña, de contos de meigas, de medo, da Santa Compaña... que foron a ledicia dos máis pequenos e non tan pequenos.

A actividade foi promovida polos equipos da Biblioteca e Dinamización Lingüística, así puidemos escoitar as narracións tanto en galego como en castelán.

Agradecemos a alta participación dos “conta-historias” porque sempre é un pracer observar como o alumnado se implica neste tipo de tarefas a prol da escritura.


Grazas aos autores e tamén aos oíntes.