viernes, 8 de marzo de 2019

A MULLER QUE ADMIRO




Os equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca decidimos este ano conmemorar o 8 de marzo organizando unha gran exposición das mulleres que son referentes das nosas vidas.  Todos os alumnos colaboraron cunha fotografía e un sinxelo texto nesta mostra que se pode ver estes días no patio. Sirva como homenaxe e recoñecemento a todas elas este manifesto que leron os alumnos no acto do patio ese mesmo día:


Ogallá non tiveramos que recordar nada este día, ogallá non houbera pancartas nin berros nas rúas, ogallá non houbera desprezo, discriminación ou violencia por cuestión de xénero.  Ogallá non houbera 8 de marzo porque iso significaría que homes e mulleres somos iguais, nunca mellores, I-GUAIS. Pero a realidade é que as mulleres de todo o mundo seguen en loita contra os patróns machistas no traballo, na rúa e na casa.
Este ano, hoxe, decidimos mirar ao noso carón. Esta exposición que vedes no patio é a nosa homenaxe ás mulleres das nosas vidas. Non saen nas portadas nin lles dan titulares pero se merecen o mellor dos premios.
Dedicámosllo a:
-Ás nosas nais:
As veces esquecémonos de que no son só nais. Si, preocúpanse por nós e dannos todo o mellor. Pero tamén son mulleres, mulleres que pelexan día a día por realizarse profesionalmente, independentes, que cobran menos e traballan máis, cuxa dignidade está por enriba de todo.
-Ás nosas avoas e bisavoas que o tiveron máis difícil, que estiveron á sombra e foron invisibles, que atoparon barreiras e portas pechadas, que non puideron protestar. Sempre valentes abríronnos o camiño.
-Ás nosas compañeiras, que buscan un mundo máis aberto, máis tolerante, cheo de oportunidades no que se desterre o insulto, no que se venzan os medos, no que ninguén che faga sentir inferior.
-Ás nosas tías, adestradoras, profesoras, amigas, a todas esas mulleres que nos inspiran.
-Ás nosas alumnas e alumnos porque a desigualdade é inaceptable, porque a educación, a boa educación é a base desta revolución. Porque estamos convencidos de que a igualdade se conseguirá dende as aulas.
Esa será a nosa misión.
E a túa.